Ir arriba
Galiciencia 2020
Tecnópole
Parque Tecnolóxico de Galicia
proyectos@galiciencia.online
Telf.: 988 368 100

Proyecto Galiciencia | Secundaria

Título del proyecto:

A pandemia da "avispiña" dos castiñeiros

Resumen del proyecto:
Investigamos sobre a praga do Dryocosmus kuriphilus (avispiña procedente de China) que está a afectar gravemente aos castiñeiros. Cal é a situación en Pedrafita? Que solucións existen para esta praga?
Hipótesis planteada

"Para dar resposta aos nosos obxectivos: 1. Saímos a 6 soutos da nosa zona, xeolocalizamos 54 árbores de 4 variedades distintas, a diferentes altitudes, con diferentes perímetros,... e contamos estatisticamente o numero de bugallas con avispiña polo numero de brotes. Observamos que os castiñeiros máis vellos están menos afectados. O nivel de afectación depende da zona onde está o souto e non tanto da súa altitude, etc. 2. Para o 2º obxectivo, recollemos máis de 2000 bugallas e capturamos case 300 insectos que foron saíndo delas na primavera no laboratorio. Identificamos todos eles con lupas, claves e apoio da Universidade de Lugo. Atopamos 3 ordes diferentes (pscópteros, himenópteros e dípteros). E observamos como a porcentaxe de bugallas parasitadas si parece depender da altitude do souto"

Valora este proyecto
Documentación/Metodología
Originalidad/Autoría

Alumn@s / Autor@s

Sofía Carrete García
David Nuñez Bravo
Tutor@

Gabriel Dasilva Alonso

CPI Uxío Novoneira
2º ESO

Descripción del proyecto

"A famosa “avispiña dos castiñeiros” é un insecto autóctono en China pero que chegou a Galicia arredor do 2014 e en poucos anos xa se estendeu por case a totalidade do territorio. Pon os seus ovos nos novos brotes das árbores na primavera, e impide o seu crecemento, reduce significativamente a produción de castaña, etc. Esto afecta gravemente á economía das nosas familias e ao noso ecosistema. Decidimos estudar cal era o nivel de afectación das nosas árbores: hai algunha variedade de castiñeiro máis resistente? inflúe a altitude dos soutos? a súa orientación?... Investigamos tamén as posibles solucións de tipo biolóxico: existe algún parasitoide autóctono que poida combater a praga ademáis do Torymus que está soltando a administración (non deixa de ser outra especie invasora)?"
  • TECNÓPOLE

    Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a proyectos@galiciencia.online
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnopole, Parque Tecnológico de Galicia
Todos los derechos reservados.
Usamos cookies para mejorar la experiencia.