"Buscamos unha solución ao problema da presenza en Galicia da especie invesora Acacia mimosa. Dado que a erradicación é moi complexa e agresiva, xorde a estratexia de convivencia con esta especie, limitando as superficies que ocupa, cortándoa periódicamente, pero buscando certa utilidade aos seus productos.
Ao observar que baixo a especie arbórea non crecen apenas especies herbáceas, é posible que produza substancias naturais (polifenois) que limitan o crecemento herbáceo, e, de poder coñecelas e illalas, poderíamos dispor dun herbicida natural obtido por procedementos non nocivos para o medio ambiente..
Ademais poden aproveitarse tamén as propiedade antioxidantes dos taninos para desenvolver cremas de uso tópico a base dos extractos de mimosa.
"