"Cando imos a praia normalmente levamos moitas cousas: as toallas, os bañadores, a crema solar, as raquetas, as cartas, os cubos… e non nos dan as mans para todo. Ademáis diso, tamén queremos estar cómodos, polo que ás veces levamos sillas de praia. Isto fai que sempre vaiamos moi cargados/as e case non podamos suxeitar todo, polo que que decidimos crear unha bolsa-tumbona, co obxectivo de alcanzar unha maior comodidade para ir á praia.
A Boltumbona ten como finalidade facilitarnos os desprazamentos á praia, pois ten a capacidade de levar cousas no seu interior cando está en forma de bolsa e poder convertirse en tumbona cando o precisemos. O seu obxectivo é que só teñamos que levar un bulto á praia, pois cando está en forma de bolsa, nela poderemos introducir todo o que precisemos.
"