O propósito deste proxecto foi determinar e demostrar como a contaminación afectaba negativamente á base do nosos ecosistemas: as plantas, que son os produtores do oxíxeno e ademais aportan biodiversidade á terra. Ademais, puiden aproveitar o musgo que utilicei para a experimentación (o musgo aínda que é unha especie protexida, foi recollido en pequenas cantidades de 1m2 dunha zona na que se atopa coidado e a extracción deste non supuxo ningunha alteración no ecosistema) para confeccionar unha ferramenta que axuda a arraxar o problema. Esta solución ten como obxectivo limpar e eliminar as partículas daniñas do aire. Desta forma, o proxecto ten dous propósitos: concienciar das consecuencias que ten a contaminación bioloxicamente e mellorar a calidade do aire que respiran as persoas.