Os retos que nos plantexamos foron varios dado que non dispuñamos de todas as claves para montar un mecanismo eléctrico que se autoregulase durante as ausencias do Centro. Os ovos deben voltearse cada poucas horas para que se críen ben. Para iso tivemos que mercar un dispositivo de volteo mecanizado e tivemos que acoplalo a outro accesorio que aportase calor suficiente aos ovos. A ventilación do recinto e a humidade interior tamén deben ser parámetros controlados. Ao final conseguimos fabricar a máquina empregando un transformador dun ordenador, un ventilador de CPU, unha lámpada de baixo consumo e un recepente evaporador de auga. O sistema de volteo mercámolo por Internet.