"A molécula dos ácidos nucleicos está formada por longas cadeas de catro nucleótidos que se dispoñen de forma lineal o que propicia un mecanismo para almacenar información biolóxica que se traduce cun código xenético que é universal para todos os seres vivos.
Esa información pódese usar transformando a información do ADN en música, establecendo correspondencias entre os nucleótidos e as notas musicais e despois musicando unha molécula de ADN, cun significado biolóxico (un xen determinado) e grabando a súa interpretación.
Tamén podería usarse en sentido inverso, transformando por exemplo información dixital en secuencia xenética,
Os obxectivos deste traballo son:
- establecer un código entre os nucleótidos e as notas musicais
- musicar xenes concretos
"