O mecanismo deseñado foi unha papeleira mariña coa estrutura dunha nasa de pesca que se instala nos balizados de boias que delimitan as praias e que recolle pequenos lixos en suspensión arrastrados polas ondas. A papeleira conta cun sistema de anclaxe e desanclaxe fácil que permite retirala para a súa limpeza con facilidade. O interés do proxecto está en que contribúe a retirar do mar resíduos de pequeno tamaño, como os microplásticos, que constitúen unha grave ameaza para o medio ambiente e a saúde humana xa que poden ser inxeridos polos peixes e pasar, a través da cadea trófica, ás aves, cetáceos e aos seres humanos. Ten baixo custo de fabricación, causa pouco impacto visual no entorno e non dana o hábitat mariño.