O propósito do traballo é relacionar unha expresión gráfica das táboas de multiplicar como a proposta da pedagoxía Waldorf, a base de grafos en que os nodos son os primeiros números naturais, con expresións gráficas reais. Escollemos rosetóns, xa que a súa forma circular se adapta á imaxe das “rodas de multiplicar”. Pensamos que podemos empregar estas rodas para analizar devanditos elementos arquitectónicos.