Na natureza, a cor ten moitas funcións, como a capacidade fotosintética dos vexetais grazas á clorofila,molécula que absorbe E luminosa, facendo posible a síntese de materia orgánica a partir de inorgánica, e a conversión de E luminosa en E química. Os seres fotosintéticos sustentan a vida na Terra, son o 1º elo das cadeas tróficas. Ocorre nas follas porque teñen moitos cloroplastos. Un pigmento ou varios combinados, son responsables das cores das follas: verde polas clorofilas, amarelos e laranzas polos carotenoides e antocianinas. Neste proxecto buscamos información bibliográfica e fixemos experimentos: separación de pigmentos por cromatografía en papel, extracción de antocianinas da lombarda, estudo de cloroplastos, amiloplastos, cromoplastos, estomas, preparacións histolóxicas, etc.