Proxecto Galiciencia | Secundaria

Título do proxecto:

05 Funcionan as medidas anti-COVID?

Resumo do proxecto:
Neste traballo quixemos comprobar a eficacia das principais medidas de prevención contra o coronavirus que temos na nosa escola: máscara, hixiene de mans, e ventilación das aulas.
Hipótese

Ao comezar o traballo, a nosa hipótese era que a máscara evitaría que crecesen bacterias sobre as placas. A hixiene de mans tamén o evitaría, pero non sabiamos con que xabón ou con que xel sería máis efectivo xa que cada un levaría unha planta “bactericida” diferente. Queriamos comprobar tamén se o xabón era igual de efectivo que o xel, xa que se nos di que abonda con lavar ben as mans con xabón e non é preciso botar xel hidroalcólico a miúdo. Finalmente, pensabamos que simplemente tendo a porta da aula aberta era suficiente para ter unha boa renovación do aire da aula, e non era preciso abrir tamén a ventá. Tamén pensabamos que con 2-3 minutos de ventilación era suficiente.

Valoracións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Alumnos/as

Laura Viña Balboa
Jesús Martínez Freijo
Titor/a

Gabriel Dasilva Alonso
Centro: CPI Uxío Novoneira
Curso: 1º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Pedrafita do Cebreiro
Descrición

Primeiro, cultivamos bacterias para usalas como modelo, xa que os virus non os poderiamos manexar no laboratorio. Probamos diferentes medios de cultivo, construímos unha estufa de cultivo caseira, etc. Segundo, investigamos como fabricar xel hidroalcohólico e xabón. Fixemos 8 tipos distintos de cada engadíndolle substancias supostamente “bactericidas” (allo, aloe vera, etc) segundo o que indagamos nas nosas aldeas. Terceiro, con todo isto a punto, tocamos unhas placas petri coas mans sucias e outras coas mans lavadas con cada un dos tipos de xabón e xel. Tamén respiramos por riba das placas con e sen máscara. Cuarto, analizamos a calidade do aire en todas as aulas do colexio cun medidor de CO2 (canto tempo podemos estar coa porta e ventá pechadas?, canto tempo temos que ventilar?...
  • TECNÓPOLE

    Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a proyectos@galiciencia.online
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.