Proxecto Galiciencia | Secundaria

Título do proxecto:

09 Estereotipos de xénero: xenética ou comportamento social?

Resumo do proxecto:
Neste traballo quixemos comprobar se determinados estereotipos de xénero, como por exemplo: “facer algo como unha nena”, son algo innato ou aprendido ao longo da nosa vida.
Hipótese

Ao comezar o traballo, a nosa hipótese era que as pequenas e pequenos de infantil estarían libres de estereotipos, pero a partir de primaria (6 anos) xa veriamos estereotipos marcados. Pensabamos polo tanto, que a xenética non tiña nada que ver. Senón que os estereotipos se adquiren cos anos por culpa da sociedade.

Valoracións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Alumnos/as

Paula Pol Frey
Patricia Montero López
Titor/a

Gabriel Dasilva Alonso
Centro: CPI Uxío Novoneira
Curso: 4º ESO
Provincia: Lugo
Poboación: Pedrafita do Cebreiro
Descrición

"Cremos que a desigualdade de xénero se acentuou coa pandemia. Nós mesmas observamos despois dun debate en titoría como arrastramos esquemas sexistas, machistas e moitos estereotipos. Por iso, fixemos un experimento sociolóxico entre o alumnado do noso colexio (3 a 18 anos) e entre o profesorado (28 a 60 anos). Para que as respostas fosen espontáneas e non prepardas, baixo a falsa premisa dun casting para un curto, pedímoslle que nos representasen: como corre unha nena, como pega unha nena, e como lanza unha pelota unha nena. Gravamos en vídeo as reaccións e despois estudamos en detalle para observar posibles estereotipos. O obxectivo é responder á pregunta: os estereotipos ou roles de xénero son algo xenético, polo tanto inevitable, ou pola contra son algo aprendido socialmente?"
  • TECNÓPOLE

    Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a proyectos@galiciencia.online
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.