Proxecto Galiciencia | Secundaria

Título do proxecto:

22 Novos residuos… novas solucións

Resumo do proxecto:
O noso proxecto consiste nunha campaña de concienciación sobre a necesidade de buscar solucións á acumulación de máscaras como residuo. Daremos a coñecer nas redes dúas formas de reciclalas.
Hipótese

“Para solucionar o problema das máscaras primeiro temos que buscar o xeito de facer algo novo con elas, polo menos un para as cirúrxicas, e outro para as FFP2. Despois podemos conseguir que o faga moita xente empregando as redes sociais como medio divulgativo e concienciador” ""cada un de nós pode desenvolver accións para acadar os ODS: 12: produción e consumo responsable, 13: acción polo clima, 14: vida submarina e 15: vida de ecosistemas terrestres"""

Valoracións pechadas
0 / 5

Your page rank:

Alumnos/as

Eva Currás Cobas
Uxía Pazó Malvido
Titor/a

Ana Piñeiro Sotelo
Centro: CPR Eduardo Pondal
Curso: 3º ESO
Provincia: Pontevedra
Poboación: Cangas de Morrazo
Descrición

"De todos é sabido que o noso planeta está en crise medioambiental, o quecemento climático, a diminución da biodiversidade nos ecosistemas, a contaminación da auga, todo está directamente relacionado coa cantidade de lixo que producimos. Coa Pandemia Covid aparece na nosa sociedade un novo residuo, as máscaras, que xa se está a converter nun gran problema… O maior perigo dunha máscara é o plástico que a forma que, como xa sabedes, non é biodegradable, permanece centos de anos no ecosistema e a súa queima produce CO2. A nosa proposta é reciclar 54 máscaras cirúrxicas facendo un cartafol ou un xardín vertical con 21 FFP2"
  • TECNÓPOLE

    Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a proyectos@galiciencia.online
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.