Proyecto Galiciencia | Secundaria

Título del proyecto:

25 Desconxelador de estradas

Resumen del proyecto:
Consiste nun aparello en forma de aspersor que vai incorporado na estrada, e que ao detectar temperaturas inferiores aos 0ºC bota zume de remolacha sobre esta, para así evitar a formación de xeo.
Hipótesis

A nosa hipótese é que o zume de remolacha é unha opción para evitar a formación do xeo polo seu alto contido en sacarosa, pois a remolacha azucreira contén un 15% de sacarosa, un disacárido formado por glicosa e frutosa. O azucre, en comparación co sal, é un composto molecular que non se separa en ións ao disolverse na auga, por iso non derrete o xeo á mesma velocidade que o sal. A pesar disto o zume de remolacha ten moitas vantaxes: soporta temperaturas inferiores aos -10ºC, é biodegradable, é económico, non dana ningún material… E o aspersor sería o mecanismo para espallalo pola estrada.

Valoraciones cerradas
0 / 5

Your page rank:

Alumnos/as

Catuxa Cutrín Castromán
Martina María Carpinteiro Otero
Tutor/a

Tino Álvarez Muiña
Centro: IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Curso: 4º ESO
Provincia: A Coruña
Población: Santiago de Compostela
Descripción

"Pretendemos cambiar o xeito actual de evitar os accidentes de tráfico cando hai xeo na estrada, pois os métodos empregados teñen diversos inconvenientes a nivel económico e medioambiental. O método máis empregado é o sal, pero nalgunhas partes da estrada non cae o suficiente ocasionando que esta non quede ben illada contra o xeo. Ademais o sal dana e deteriora o asfalto, e isto supón grandes perdas económicas, corroe o ferro dos quita-medos e dana o medio ambiente (aumentando a salinidade dos ríos, producindo hipertensión a algúns animais; danando as plantas…)."
  • TECNÓPOLE

    Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. San Cibrao das Viñas, 32900 Ourense
  • ¿Tienes alguna duda?

    Envíanos un mail a proyectos@galiciencia.online
  • Teléfono

    Telf.: +34 988 368 100
© 2020, Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia
Todos os dereitos reservados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia.