Participa nos nosos Talleres de Secundaria

Ampliamos a data de inscrición de talleres ata o 6 de maio.

Microbioloxía para entender o mundo

Imparte: Andrea Muras

27 de maio | 11:30h a 12:30h

Temática e contidos

A través de exemplos cotiáns, descubriremos como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día.

Actividades

Entre outras actividades, simularemos o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para entender como se pode usar para o diagnóstico de enfermidades e deseñaremos os nosos propios cebadores.

Inscrición pechada

Metodoloxía

A pesar de realizarse a través de internet, será unha actividade con parte práctica para que se poidan entender mellor os conceptos explicados.

Kit Taller

Os primeiros colexios que se inscriban recibirán un Kit de materiais para participar de forma interactiva na emisión en directo. ¡Bule que se acaban!

Espiando a coroa

Imparte: Vicente Mohedano.

Horario taller

28 de maio | 10:00h a 11:00h

Temática e contidos

A microscopia electrónica consegue mostrarnos a estrutura e aparencia de entes minúsculos como os coronavirus. Mais, para desvendar a estrutura e aparencia das moléculas que os conforman, debemos acudir á intrigante luz dos Rayos X.

Actividades

As investigacións da familia Bragg para revelar a intimidade cristalina servirán de alicerce ao experimento: conseguiremos calcular a dimensión dun dos cabelos da nosa  coronilla.

Inscrición pechada

Metodoloxía

Para comprendermos o experimento, revisaremos certas nocións básicas de teoría ondulatoria e de trigonometría, para coroar finalmente o espectáculo realizando a actividade práctica proposta.

Kit para el Taller

Os primeiros colexios que se inscriban recibirán un Kit de materiais para participar de forma interactiva na emisión en directo. ¡Bule que se acaban!

Usamos cookies para mellorar a experiencia.